O quinto fillo da falecida duquesa de Alba, Cayetano Martínez de Irujo, conde de Salvatierra e duque de Arjona, pasou este venres pola localidade lucense de Palas de Rei, dado que está a facer estes días o Camiño de Santiago en compañía do que fose presidente da Generalitat valenciana, Francisco Camps.
Martínez de Irujo, de 54 anos, fixo unha parada na mencionada localidade, e tomouse un zume biolóxico, antes de continuar o seu percorrido polo Camiño Francés no seu desexo de alcanzar a compostelá praza do Obradoiro, meta de todo peregrino.
Nesta xornada, tiña previsto completar, tal e como indicou á prensa, o traxecto entre Palas de Rei e o municipio de Melide.
Cayetano Martínez de Irujo e Francisco Camps, en Palas de Rei
O expresidente da Generalitat valenciana Francisco Camps acompañouno na peregrinaxe