Sara Carbonero e Iker Casillas, rumbo a Miami?

O futbolista podería deixar Porto para incorporarse a principios de 2018 ao equipo de David Beckham cun contrato de oito millóns de euros anuais
Sara Carbonero e Iker Casillas en una imagen de archivo
photo_camera Sara Carbonero e Iker Casillas en una imagen de archivo

A parella formada por Iker Casillas e Sara Carbonero podería cambiar Porto por Miami se se confirma a tentadora oferta do equipo de David Beckham, que segundo publica a revista Semana ofrecería ao porteiro un contrato de oito millóns de euros anuais. A mudanza, iso si, atrasaríase ata principios de 2018, polo que daría tempo a que nacese o seu segundo fillo en España e a que Iker rompese a súa vínculación laboral co Porto FC, co que ten contrato ata xuño dese ano. Segundo a publicación, o gardameta, de 34 anos, ingresaría 16 millóns de euros por dúas tempadas no Miami Beckham United, o club que posúe o seu excompañeiro do Real Madrid, ao que lle une unha boa amizade.

Esa intención de trasladarse alén do charco podería ter sido un aliciente máis para que a xornalista e o futbolista se decidisen a casar na máis absoluta intimidade o pasado 20 de marzo, xa que o matrimonio facilita a Sara o permiso de residencia en Estados Unidos e poder viaxar co seu marido e cos seus fillos á cidade de Florida.  En Miami fálase moito español, o que o converte nun destino atractivo para os dous cónxuxes.

Ela ten opcións de incorporarse ás televisións de fala hispana ou traballar para o propio Mediaset. Ademais, considérao un bo trampolín para lanzar a tenda online dedicada á moda e ao estilo de vida que montou con dúas amigas. 

De momento, nin Carbonero nin Casillas confirmaron ou desmentiron a noticia.

 

Comentarios