viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

Julia Otero suspende a visita do seu programa a Ourense por "indisposición"

Julia Otero. ONDA CERO
Julia Otero. ONDA CERO
Julia en la onda ía emitirse desde a capital ourensá o 11 de novembro

O concello de Ourense anunciou a suspensión dun programa de radio coa popular locutora Julia Otero previsto para o 11 de novembro tras sufrir "unha indisposición". 

"Cancélase o programa de Julia en la onda de Onda Cero, programado para o 11 de novembro de 2021 no Auditorio de Ourense, por indisposición da súa condutora, Julia Otero", informou este luns nun breve comunicado o consistorio ourensán.

O programa estaba programado para o 11 de novembro, coincidindo co patrón local, San Martiño. 

A soada xornalista regresou recentemente á radio tras anunciar que padecía un cancro que lle obrigou a retirarse de xeito temporal. 

Foi o pasado mes de febreiro cando a xornalista galega confesou en directo que lle diagnosticaron a enfermidade que lle obrigou a abandonar o seu traballo á fronte do espazo para centrarse na loita contra o tumor.

Julia Otero suspende a visita do seu programa a Ourense por...
comentarios