Cambios na Ser: Àngels Barceló a 'Hoy por hoy' e Pepa Bueno a 'Hora 25'

A xornalista catalá conducirá todo o espazo matinal, no que Toni Garrido deixará de estar á fronte do segundo tramo

Àngels Barceló y Pepa Bueno. ARCHIVO
photo_camera Àngels Barceló e Pepa Bueno. ARQUIVO

A Cadena Ser anunciou este mércores cambios para a súa próxima tempada, na que a xornalista Àngels Barceló se fará cargo do programa matinal Hoy por hoy, mentres que a súa ata agora codirectora Pepa Bueno asumirá o espazo vespertino Hora 25. Así as cousas, Bueno e Barceló intercambiarán as súas funcións e horarios na grella da emisora do grupo Prisa.

Máis aló dese cambio, seguirán aparecendo tras renovar os seus contratos os responsables de La ventana, Carles Francino; de El larguero, Manu Carreño; e de Carrusel deportivo, Dani Garrido. Pola súa banda, Toni Garrido deixará de estar á fronte do segundo tramo de Hoy por hoy logo de dúas tempada en antena —aínda que seguirá vinculado á Ser en distintos proxectos audiovisuais— e será Barceló quen conduza todo o espazo matinal, desde as 6 ata as 12:20 horas.

"Tanto Pepa Bueno como Àngels Barceló abordarán unha profunda renovación nos programas que dirixirán a partir de setembro. Ambas seguirán ata o final da tempada á fronte dos programas que dirixen actualmente", indicou a Ser na súa páxina web.

Estes movementos veñen precedidos de cambios na dirección de tres seccións craves para a nova etapa da Cadena Ser: Nieves Goicoechea, á fronte de Política; Pepa Blanes, á fronte de Cultura; e Javier Ruiz, en Economía. 

Comentarios