Bustamante: "O meu peso é reversible, pero a vosa cara e maldade, non"

O cantante responde as críticas que recibiu a través das redes polo seu aspecto físico
David Bustamente en su "posado veraniego"
photo_camera David Bustamente en su "posado veraniego"

David Bustamente mostrou o seu malestar ante as opinións dos últimos días nas que o tachaban de "gordo" mediante a súa conta de Instragram davibusta este luns. 

O cántabro publicou un vídeo nadando cun texo no que explicaba que continuaba practicando deporte cada día e o seu aumento de peso se debía a que "hai persoas que en épocas de tensións apagamos a ansiedade coa comida". Nesta liña reafirmábase en que o incremento de quilos non supón "un risco" para a súa saúde ao non ter obesidade. Igual de contundente pronunciouse ante as cíticas recibidas "non, non é agradable que xente sen escrúpulos estea a recordarche continuamente que non estás no teu peso (...) Dito isto, o meu peso volverá ser o que era, é reversible, pero a vosa cara e maldade non, esa non se pode cambiar". 

A publicación xa acumula máis de mil comentarios. Xunto a esta, minutos despois subiu o seu pousado estival: "Aquí tedes o meu pousado estival cos meus 6 kg de máis!". Na mesma piscina e con aspecto tranquilo expón sen complexos o seu incremento de peso. E é que, quen non se pasou algunha vez cos grolos e tapas de terraza en terraza?

Comentarios