Bustamante estala ante os medios: "Deixádenos vivir tranquilos por favor"

"Está sufrindo unha nena, os nosos pais, estades matándoos aos poucos", declarou o cantante, visiblemente nervioso

David Bustamante non aguantou máis. Tras semanas de tensión despois de coñecerse a súa separación con Paula Echevarría o cantante estalou este venres ante os medios que o esperaban ás portas do domicilio conxugal, ao que acudira para ver á súa filla Daniela.

"Por favor, non vai haber máis declaracións. Está sufrindo unha nena, os nosos pais, estades a matalos aos poucos. De verdade, Deixádenos vivir tranquilos. Non é normal, parece que fixemos unha barbaridade", declarou o cantante, visiblemente nervioso.

A pesar dos intentos de reconciliación coa actriz, a decisión parece definitiva. Polo momento parece que a parella manterase unida ata a comuñón da súa primoxénita, que terá lugar a principios do mes de maio.

Ambos os artistas contraeron matrimonio no ano 2006, aínda que hai xa dous anos que iniciaron os trámites de separación. 

Comentarios