Bunbury insinúa que Gates quere dominar a Terra e apoia a EE UU ao saír da OMS

bunbury
photo_camera Enrique Bunbury. ARQUIVO

O cantante Enrique Bunbury uniuse á iniciativa global para denunciar os supostos plans de Bill Gates para dominar o mundo. O pasado sábado, colgou o cartel da campaña antiGates nas súas redes sociais. 

Ademais, nunha entrevista coa revista GQ para promocionar o seu novo disco, Posible, expresou o seu temor a unha pandemia global. "Unha cousa son os intereses de Bill Gates e da OMS, e outra cousa son os dereitos de cada país. Non quero utilizar a palabra 'ditadura' tan facilmente porque hai xente que di 'isto non é unha ditadura, é unha pandemia'. O certo é que hai normas que queren impoñer de forma global que non deben ser aceptadas. Que Arxentina tome as súas propias decisións, que España tome as súas, que México e Alemaña igual, e que sexan independentes ao que queren Gates e a Organización Mundial da Saúde". 

Como consecuencia, o músico aproba que Donald Trump dese de baixa a Estados Unidos na OMS

Ante a posibilidade de que a vacina contra o coronavirus fose obrigatoria, afirma que "o cidadán e o seu médico son quen deben tomar decisións. Deixar que as decisións médicas as tomen gobernos ou institucións é extremadamente perigoso".