Bruce Willis deixa plantado a Woody Allen para debutar en Broadway

O actor abandona o proxecto cando xa empezara a filmarse para preparar mellor o seu inminente debut no teatro
El actor Bruce Willis
photo_camera El actor Bruce Willis

Coa rodaxe da súa nova película xa inciado, Woody Allen viu como Bruce Willis o deixa plantado no que será o seu regreso aos escenarios da súa cidade fetiche, Nova York, onde dixo que non volvería filmar debido ao alto custo que supón facelo na cidade dos rañaceos. Ao parecer e segundo as fontes oficiais, o actor tivo que desistir na súa idea de traballar con Allen por un problema de planificación, xa que está a preparar o seu debut en Broadway e viuse falto de tempo.

Willis debutará sobre as táboas dando vida ao protagonista dunha novela de Stephen King, Misey. Pola súa banda, Allen ha decidio seguir filmando mentres busca un substituto para o intérprete.

Comentarios