Bruce Springsteen lanzará en setembro o seu novo disco, 'Chapter and Verse'

O lanzamento do álbum, un recompilatorio de grandes éxitos que incluirá cinco cancións inéditas, coincide coa publicación da autobigrafía do artista, titulada como un dos seus temas máis famosos, 'Born to run'
Portada del nuevo álbum del 'Boss'
photo_camera Portada del nuevo álbum del 'Boss'

Bruce Springsteen sacará á venda o 23 de setembro, cinco días antes de que vexa a luz a súa autobiografía, o seu álbum Chapter and Verse, un recompilatorio de grandes éxitos que incluirá cinco cancións inéditas, anunciou o artista estadounidense a través de Twitter.

Baby I, You can't judge a book by the cover, He's guilty (The judge song), Ballad of Jesse James e Henry Boy son os cinco temas inéditos -pero gravados entre 1966 e 1973- que convivirán no novo traballo de Springsteen con clásicos como Born to run, The river e Born in the USA, entre outros.

Dezaoito cancións forman este álbum que acompañará a Born to run (Nacido para correr), a autobiografía de 500 páxinas cuxo lanzamento mundial terá lugar o 27 de setembro.

Tanto o libro como Chapter and Verse pódense reservar xa na páxina web de Springsteen, quen segue inmerso na súa xira internacional The River.

Comentarios