Borran a conta de Albert, de 'Masterchef Junior', tras publicar "Arriba España" e tuits prol Abascal

Os pais dos concursantes supervisan o perfil oficial dos nenos, pero a conta podería ter sido hackeada
Albert, durante un programa de Masterchef Junior 7. RTVE
photo_camera Albert, durante un programa de Masterchef Junior 7. RTVE

Captura das mensaxes publicadas na conta do concursante de 'Masterchef Junior 7'. TWITTERUn dos concursantes máis carismáticos da sétima edición de Masterchef Junior, o pequeno Albert, situouse no punto de mira das redes sociais tras a publicación de varias mensaxes na súa conta de Twitter de apoio ao líder de Vox, Santiago Abascal, e outros comentarios de carácter político, do tipo 'Arriba España', ademais de mencións ao presidente de Estados Unidos, Donald Trump.  O seu perfil oficial, como o de todos os participantes no reality culinario, está supervisada polos pais. En calquera caso, e ante o balbordo suscitado, o programa decidiu pechar a conta, aínda que as capturas do divulgado seguen circulando.

Albert, que foi expulsado do 'talent' de TVE o pasado venres, conquistou á audiencia pola súa soltura e desenvoltura desde o principio, converténdose nun dos protagonistas indiscutibles do concurso. E é que confesou gustos peculiares para a súa idade, como que o seu programa favorito é Cine de Barrio, e demostrou en todo momento unha gran simpatía.

Algunhas fontes atribúen a publicación destes comentarios e imaxes políticos a que a conta de Albert foi hackeada.

Comentarios