Un bo día para deixalo

► Romper co tabaco é unha boa decisión sempre. O beneficio supera o enorme esforzo necesario e quen xa o fixo di que non se arrepinte
Félix García González. SEBAS SENANDE
photo_camera Félix García rompeu co tabaco hai un ano. SEBAS SENANDE

O tabaco mata cada ano preto de seis millóns de persoas e a Organización Mundial da Saúde (OMS) estima que a cifra de mortes aumentará ata os oito millóns no 2030 se o consumo se mantén.

Os efectos nocivos do tabaco son evidentes na saúde das persoas e isto xera un importante gasto sanitario para as arcas públicas. Tamén prexudica a economía familiar, pois supón un gasto continuo e elevado. E o seu cultivo dana o medio ambiente, pois favorece a desertización, grandes emisións de CO2 e a contaminación da terra e a auga.

Seis millóns de persoas morren cada ano por doenzas ligadas ao consumo de tabaco

Sobran os motivos para erradicar o tabaco, pero tamén hai moitos para seguilo consumindo: dependencia física, hábito social, dificultade para asimilar os efectos nocivos a longo prazo dun produto que produce un pracer inmediato...

O día 31 de maio celébrase o Día Mundial sen Tabaco, unha data tan boa coma calquera outra para deixar de fumar.

Ildefonso Piñeiro

Ildefonso Piñeiro, enfermeiro de Chantada. M. PIÑEIRO
Ildefonso Piñeiro, enfermeiro de Chantada. M. PIÑEIRO

Empezou a fumar aos 14 anos e defínese como "fumador empedernido", pero iso está a piques de cambiar. Decidiu deixar o tabaco e leva desde o 1 de maio sen probalo. Neste mes escaso as tentacións cóntanse por centos, o desexo de levar un cigarro á boca foi continuo, pero de momento Ildefonso Piñeiro vai gañando.

"Aínda non canto vitoria", afirma, porque é a terceira vez que intenta deixar o tabaco e en dúas ocasións anteriores volveu fumar, pero vai polo bo camiño.

Ildefonso Piñeiro é de Chantada, enfermeiro de profesión, e coñece perfectamente os perigos que entraña o tabaco. Realmente, xa ninguén os ignora, pero que falte o alento ao subir as escaleiras ou o medo a unha enfermidade grave non son motivos abondo convincentes para deixar o hábito. "É veleno, iso sábeo todo o mundo, pero poden subir os impostos do tabaco, poden amosar as imaxes terribles que queiran, poden explicar os efectos unha e outra vez que quen ten necesidade de fumar vaino facer igual".

Ildefonso Piñeiro é a terceira vez que deixa o tabaco e xa leva un mes sen fumar

Ildefonso Piñeiro fala desde o coñecemento e coa experiencia de quen non se rende. "Nunha época estiven sen fumar tres anos, pero volvín da maneira máis parva. Fumei un puro nunha voda e aos poucos días xa fun comprar un paquete de tabaco", relata. 

Máis adiante volveuno intentar. "Dinme conta de que eu só non podía deixalo e pedín axuda no centro de drogodependencia de Monforte. Alí orientáronme, asistín a charlas e estiven sen fumar seis meses, pero tamén volvín".

Desta volta conta con outra axuda diferente. "Estou tomando unhas pastillas para atenuar os efectos físicos da falta de nicotina. É un tratamento alcaloide novo. Consiste en 100 pastillas que se toman durante 25 días para substituír a nicotina. Empecei con seis ao día e agora estou con dúas. Suponse que ao rematar o tratamento xa pasou a necesidade máis intensa e xa hai menos dependencia da nicotina", explica.

Segue un tratamento con pastillas para minguar os efectos da falta de nicotina

As pastillas axudan a afrontar os efectos físicos da falta de tabaco, pero "a dependencia psicolóxica tela que superar ti. Esa é a máis dura", en opinión de Ildefonso Piñeiro. "O hábito social é moi difícil de eliminar. A parafernalia que acompaña o café, o cigarro de despois de comer... eu xa fumaba nada máis levantarme da cama", explica, e recoñece que prescindir dese pracer "lévase mal".

Á marxe de costumes, este sanitario chantadino explica que o tabaco non crea a mesma adicción nunhas persoas ca noutras. "Hai moita xente que di que non lle custa nada deixalo e outra que non dá feito. Iso ten unha explicación científica. Os receptores da nicotina no cerebro son diferentes dependendo das persoas e iso determina que sufran máis ou menos dependencia", comenta.

Porén, considera que o esforzo para deixar o tabaco é necesario e merece a pena. "Eu non tiven ningún problema grave de saúde, pero sei que poden vir e que se fumo teño máis posibilidades", apunta. O que xa está notando son os efectos positivos inmediatos. "O coche, a casa e a roupa cheiran doutro xeito e a comida tamén sabe doutra maneira".

De momento, di que o seu día está cheo de montañas. "Aínda vexo moitas costas arriba. Teño ganas de fumar en moitos momentos do día, pero espero que cada vez as montañas sexan máis baixas e máis fáciles de superar".

Insiste na prudencia, dálle reparo celebrar antes de tempo. "Noutras ocasións non puiden co tabaco, el puido comigo", sentenza, pero o bo de ter vellos inimigos é que xa se sabe por onde atacan e pódense perfeccionar as estratexias de defensa. Din que á terceira vai a vencida.

Félix García 

Félix García González, camioneiro e exfumador. SEBAS SENANDE
Félix García González, camioneiro e exfumador. SEBAS SENANDE

Un paso máis adiante está Félix García. Leva un ano sen fumar. Di que aínda lle apetece varias veces ao día, que lle agrada cando detecta na rúa cheiro a tabaco rubio, que bota en falta un cigarro nos momentos de conversa relaxada, pero sabe que tomou unha decisión necesaria e acertada.

"Yo tengo el perfil de fumador de toda la vida. Empecé ya de niño, a escondidas, cuando juegas con tus amigos a ser mayor. Tengo 54 años y he estado enganchado al tabaco siempre. Fumaba dos cajetillas al día, hasta que decidí ocuparme de mi salud porque el cuerpo me estaba diciendo que no podía más", relata.

Félix García era consciente de que os seus hábitos de vida non eran saudables. "Me encontraba mal, cada día me repetía el mensaje de que debía reducir el consumo de tabaco, pero lo pensaba mientras encendía un cigarro". Ata que tomou a decisión definitiva. "El primer paso es mentalizarse. Yo llevaba años con ello en la cabeza, pero hay que pararse y hacerlo. Es necesario reconocer que tienes un problema, que eres adicto", afirma.

Félix García seguiu unha terapia psicolóxica para deixar de fumar progresivamente

Unha vez asimilado, buscou a solución. "Hay muchos métodos, pero cada persona tiene que buscar el que le funcione", comenta. No seu caso, a clave atopouna na sede de Lugo da Asociación Española Contra o Cancro (AECC). "Ofrecen terapia de grupo con una psicóloga que te orienta en el proceso y te ayuda a ir avanzando", explica.

Félix García non deixou de fumar de golpe, foi reducindo progresivamente o consumo ata que puido prescindir do tabaco por completo. "Estaba deseando hacerlo. Las últimas semanas fumando me crearon mucha ansiedad. Dejarlo fue una liberación. Tenía una fecha marcada para el último cigarro, pero el día anterior se me acabó el tabaco y ya no compré más. Ahí lo dejé".

Antes probara a terapia farmacolóxica, guiado polos profesionais da unidade de tabaquismo do Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula). "Consiste en utilizar medicamentos sustitutivos de la nicotina. Los hay de muchos tipos (parches, pastillas, inhaladores...), pero hay que dejar de fumar radicalmente porque no puedes estar tomando nicotina por dos vías", explica. 

Os métodos para deixar de fumar avanzan en precisión e hai múltiples opcións

Este método non lle resultou convincente porque el prefería ir reducindo o consumo de tabaco progresivamente. "Fui probando y lo que a mí me funcionó fue la terapia psicológica, pero cada persona es diferente y cada uno debe optar por lo que le resulte más efectivo. Yo me apunté al programa de terapia de grupo de la AECC y una psicóloga me ayudó en el proceso", concreta.

Félix García tomou a decisión de deixar de fumar nun momento de cambio. "Lo que busco es una vida sana y estoy trabajando para conseguirla. Todo forma parte de un cambio de hábitos que eran nocivos para mí. Tenía problemas de ansiedad y decidí cuidarme. Dejé el tabaco, pero también el alcohol, duermo bien, hago deporte en el Gimnasio Lugo... " 

E engade que "eso que se dice de que dejar de fumar engorda es un mito porque yo desde que no fumo y me cuido he bajado kilos. La progresión ha sido estupenda. Respiro mejor y me encuentro bien físicamente".

Leva un ano sen tabaco e destaca os beneficios que tivo esta decisión para a súa saúde

Este exfumador insiste en que "cuando el cuerpo te advierte hay que hacerle caso". Pero tamén recoñece que "es necesario que se den las circunstancias para ello. No siempre es posible, no todo el mundo puede cambiar de hábitos radicalmente porque la vida está cargada de obligaciones que nos condicionan. Yo soy camionero, me pasaba el día conduciendo de un lado para otro, me marchaba semanas a recorrer Europa y nada me impedía fumar. Durante años mi trabajo fue la prioridad pero, aunque suene a tópico, la salud es lo más importante. Todo lo demás es secundario porque sin salud no se puede disfrutar de nada más en la vida", conclúe.

O 31 de maio é o Día Mundial sen Tabaco
Sensibilizar
► A Asamblea Mundial da Saúde instituíu en 1987 o Día Mundial sen Tabaco, que se celebra cada 31 de maio para chamar a atención sobre os perigos que supón o consumo deste produto e sobre a necesidade de tomar medidas para frealo.
► A Organización Mundial da Saúde (OMS) desenvolve cada ano unha campaña de concienciación diferente. Nesta edición, céntrase nos prexuízos do cultivo do tabaco. Co lema ‘Cultivemos alimentos, non tabaco’, fai un chamamento aos gobernos para que retiren o apoio económico ao cultivo de tabaco e destinen eses fondos a promover entre os agricultores outros cultivos sostibles que contribúan a mellorar a alimentación da poboación.
► Nesta edición, a OMS diríxese tamén aos cultivadores de tabaco para facerlles ver as vantaxes doutros cultivos, fronte á desertizaficación e a degradación do medio ambiente que provocan as plantacións de tabaco.
► A campaña denuncia, ademais, as manobras da industria tabaqueira para evitar eliminar os seus residuos e non reparar os danos que causa.

Covid-19
► A pandemia de covid-19 fixo patentes, unha vez máis, os efectos do tabaco nas persoas. Os efectos do coronavirus nos fumadores son moito máis graves que nas persoas que non consumen tabaco. A campaña do Día Mundial sen Tabaco do 2021 estivo marcada por estas circunstancias e foi dirixida estrictamente aos fumadores, para pedirlles o compromiso de deixar de fumar.
► No 2022 o foco da campaña foi o ecoloxismo. Co lema ‘O tabaco envelena o noso planeta’, a OMS chamou a atención sobre os efectos que a produción de tabaco causa no medio: árbores cortadas para plantacións de tabaco e para fabricación de cigarros, CO2 emitido, auga utilizada, terras de cultivo danadas con fertilizantes e praguicidas tóxicos, residuos moi difíciles de eliminar, como as cabichas que enchen os océanos de microplásticos...

Efectos
► O tabaco ten substancias adictivas como a nicotina e deixalo xera no consumidor síndrome de abstinencia, que se traduce en irritabilidade, nerviosismo, ansiedade... En dúas semanas os episodios de abstinencia baixan de intensidade.
► Ás poucas horas de deixar de fumar xa se percibe un aumento do osíxeno no corpo.
► En 24 horas empeza a diminuír a mucosidade.
► En dous días melloran o olfato e o gusto.
► A tos desaparece arredor dos seis meses e diminúen as infeccións respiratorias.
► Ao ano, o risco de ter un infarto redúcese á metade.
► En dez anos, a posibilidade de sufrir cancro de pulmón redúcese á metade.
► Tras 15 anos sen fumar, os pulmóns están restablecidos e o risco de paro cardíaco é igual ca o dunha persoa non fumadora.

Comentarios