Beyoncé bate unha marca de Instagram co anuncio do seu embarazo

Unha fotografía súa onde aparece embarazada, lucindo roupa interior e un veo verde convértese na fotografía con máis me gusta" na rede social
Beyoncé
photo_camera Beyoncé

Beyoncé bateu a marca da fotografía con máis "me gusta" na rede social Instagram grazas á imaxe coa que anunciou que está embarazada de xemelgos.

A cantante estadounidense, de 35 anos, publicou o mércores unha fotografía súa onde aparece embarazada, lucindo roupa interior e un veo verde ante un fondo de flores naturais.

Un día despois, a imaxe acumula preto de nove millóns de gústame" en Instagram, co que superou a antiga marca que ostentaba unha fotografía de 2016 da artista Selena Gómez bebendo un refresco que, ata a data, recibiu 6,3 millóns de gústame".

Beyoncé, que ten máis de 93 millóns de seguidores nesta rede social, acompañou a fotografía co seguinte texto: "Gustaríanos compartir o noso amor e felicidade. Fomos bendicidos por partida dobre. Estamos incriblemente agradecidos de que a nosa familia vaia aumentar por dúas e dámoslles as grazas polos vosos bos desexos. Asinado: os Carter"

Beyoncé e o seu esposo, o rapero Jay-Z, foron pais da súa primeira filla, Ivy Blue Carter, en xaneiro de 2012. A cantante anunciou ese embarazo en plena actuación durante a entrega de premios MTV, en agosto de 2011.

Beyoncé e Jay-Z casaron en abril de 2008.

Comentarios