martes. 19.10.2021 |
El tiempo
martes. 19.10.2021
El tiempo

A cantante Beyoncé anuncia que está embarazada de xemelgos

A estrela musical e o seu marido, o rapeiro Jay-Z, foron pais da súa primeira filla en xaneiro de 2012

A cantante estadounidense Beyoncé Knowles anunciou este mércores no seu perfil oficial de Instagram que está embarazada de xemelgos.

"Gustaríanos compartir o noso amor e felicidade. Fomos bendicidos por partida dobre. Estamos incriblemente agradecidos de que a nosa familia vaia aumentar por dúas e dámoslles as grazas polos vosos bos desexos. Asinado: os Carter", escribiu a soada artista.

Beyoncé, de 35 anos, acompañou o texto cunha fotografía súa onde aparece embarazada, lucindo roupa interior e un veo verde ante un fondo de flores naturais.


Knowles e o seu esposo, o rapero Jay-Z, foron pais da súa primeira filla, Ivy Blue Carter, en xaneiro de 2012.

A cantante e Jay-Z casaron en abril de 2008. Knowles anunciou o seu primeiro embarazo en plena actuación durante a entrega de premios MTV, en agosto de 2011.

A cantante Beyoncé anuncia que está embarazada de xemelgos
comentarios