Begoña Villacís dá a luz unha nena e as dúas están "moi ben"

A candidata de Cs á Alcaldía de Madrid celebra poder facer "pel con pel" coa súa filla Inés

Begoña Villacís, el 28-A. TWITTER
photo_camera Begoña Villacís, o 28-A. TWITTER

A candidata de Ciudadanos á Alcaldía de Madrid, Begoña Villacís, anunciou este venres o nacemento da súa terceira filla, Inés, nun parto programado. "¡Benvida Inés! Como cambiaron as cousas desde que naceu a túa irmá Jimena, hai xa 12 anos e Paula, hai 13. Agora puidemos estar juntitas desde que naciches, pel con pel", escribe Villacís no seu perfil de Twitter.

"Grazas a todos polas vosas mensaxes de agarimo. Estamos moi ben, e felices", conclúe a mensaxe que inclúe unha foto na que se pode ver a man da nai collendo a do seu bebé.

Comentarios