A arte urbana homenaxea a Fernando Simón en Madrid

O artista Basket of Nean retratou ao epidemiólogo na rúa San Simón
Fernando Simón. EFE
photo_camera Fernando Simón. EFE

Fernando Simón foi 'canonizado' no barrio de Lavapiés de Madrid. E é que o director do Centro de Coordinación de Alertas e Urxencias Sanitarias recibiu a consagración da arte urbano cunha obra situada xunto á rúa de San Simón.

O artista Basket of Nean foi o autor da obra, que representa un retrato 'pixelado' de Simón, e tamén foi o encargado de difundir a imaxe a través da súa conta de Instagram coa etiqueta "San Simón cóidate".

A popularidade do director do Centro de Coordinación de Alertas e Urxencias Sanitarias creceu nas últimas semanas, chegando a inspirar todo tipo de deseños de murais, bandeiras ou camisetas.

Comentarios