Arcadio López Casanova, Premio Otero Pedrayo

O galardón é concedido pola Xunta, as deputacións, as universidades, a Real Academia Galega e o Instituto Padre Sarmiento
Arcadio López Casanova, nunha imaxe de arquivo
photo_camera Arcadio López Casanova, nunha imaxe de arquivo

O premio Otero Pedrayo recoñeceu a "traxectoria literaria" do escritor lucense Arcadio López Casanova na xuntanza que mantivo este xoves en Lugo. O galardón foille concedido pola Xunta, as catro deputacións, as universidades, a Real Academia Galega e o Instituto Padre Sarmiento.

O galardoado naceu en 1942 en Lugo e pasou a infancia na casa paterna do Páramo, que percibe "como un paraíso, unha fermosa paisaxe beirada de ríos e xentes entrañables". Esa terra está presente na súa propia obra, que comezou a publicar hai cincuenta anos, con Sonetos da esperanza presentida.

A súa obra poética é un intento por recuperar esa nenez feliz no Páramo mesturada cun dramatismo que expón a súa visión decepcionada da realidade.

Dende o ano 1968, o premiado reside na cidade de Valencia, onde impartiu Filoloxía Española na universidade.

Comentarios