Ana Rosa Quintana e Pablo Motos son os mellor pagados da televisión

A presentadora de 'El programa de Ana Rosa' e o condutor de 'El hormiguero' levan catro millóns cada un
Pablo Motos y Ana Rosa Quintana
photo_camera Pablo Motos y Ana Rosa Quintana

Ana Rosa Quintana (Tele 5) e Pablo Motos (Antena 3) perciben catro millóns de euros e son os mellor pagados da televisión en España, segundo un ranking que publica este martes o diario Abc.

A continuación figuraría o galego Jesús Vázquez, con 3,5 millóns, seguido de Jorge Javier Vázquez, presentador de 'Sálvame' e o seu compañeiro en Telecinco. Jordi González, un veterano da pequena pantalla, levaría 2,5 millóns, en tanto que o caché de Matías Prats -xa recuperado do seu problema ocular- sería de 2 millóns.

Bertín Osborne, cun importante incremento salarial tras fichar por Telecinco, irase ata os 800.000 euros por tempada. Pasará de cobrar 12.500 euros por programa a 30.000.

Comentarios