Ana Rosa Quintana evita un suicidio en directo

A presentadora mediou co fillo dunha muller de 83 anos que ía ser desafiuzada. Ameazaba con tirarse do balcón
Ana Rosa Quintana evita un suicidio en directo
photo_camera Ana Rosa Quintana evita un suicidio en directo

A presentadora Ana Rosa Quintana mediou este venres en directo para evitar que un home cuxa nai vai ser desafiuzada se suicidase tirándose dun balcón. Ocorreu mentres El programa de Ana Rosa informaba do caso que afecta a Francisca, unha muller de 83 anos con alzehimer a piques de perder o seu piso no barrio madrileño de Tetuán por un préstamo cun usureiro.

Durante a conexión entrou en directo o seu fillo Fabián, que ameazou con tirarse desde o balcón. A presentadora intentou tranquilizalo: "Pensa na túa nai. Non podes pensar en ti nin facer ningunha bobada".

Comentarios