Ana Rosa Quintana declárase "fan" de Abel Caballero

O seu vídeo anunciando o inicio da montaxe das luces de Nadal converteuse en viral

O vídeo de Abel Caballero anunciando o inicio da montaxe da iluminación do Nadal en Vigo, a golpe de 13 de setembro, fíxose viral e chegou incluso ata as televisións xeneralistas.

Un dos programas máis vistos, o de Ana Rosa Quintana, tamén o emitiu este venres, e a propia presentadora declarouse "fan" do alcalde de Vigo. 

Tamén Caballero falou este venres da repercusión do vídeo, no que se dirixía, nin máis nin menos, que aos mismísimos alcaldes de Nova York, Tokio ou París. "Encántame que Vigo estea no mapa e con humor", dixo o rexedor. 

Comentarios