Ana Pastor, ameazada polo atentado de Londres

A xornalista dixo durante o programa especial sobre o ataque que os terroristas foran "asasinados" pola Policía, comentario que rectificou ao instante
Ana Pastor
photo_camera Ana Pastor

A xornalista Ana Pastor recibiu ameazas a través de Twitter por un comentario seu durante o programa especial que conduciu o domingo en La Sexta para informar o atentado de Londres.

Pastor dixo que "a Policía asasinara" aos terroristas. Expresión que poucos minutos despois corrixiu en directo. "Comentáronme que dixen que 'asasinaron' aos terroristas e é un delito: mataron aos terroristas", puntualizou.

A presentadora tamén se desculpou a través das redes sociais, onde foi duramente atacada e incluso ameazada. "Pedazo de puta. Oxalá che toque de cerca, a ti e ao subnormal do teu marido, unha das accións dos teus amigos os mouros", foi un dos comentarios que Ana Pastor recibiu e denunciou publicamente.








CRÍTICAS A DAVID MUÑOZ. O chef David Muñoz tamén recibiu unha onda de críticas por unha mensaxe publicada nas redes sociais tras o atentado do sábado.

Muñoz atopábase en Londres no momento do ataque, que condenou a través de Instagram cun comentario que xerou polémica: "Amo o concepto de StreetXO London. Esa forma para comer, eses sabores, ese ambiente... non é o mellor día para estar en Londres, pero a mellor forma de combater o terrorismo é non deixar de facer a túa vida, así que aquí estou hoxe traballando, porque amo Londres, amo a miña profesión e por encima de todo, amo a Cristina Pedroche", escribiu.

A pesar dos 'me gusta' e as respostas positivas, o chef tamén recibiu multitude de críticas de tuiteiros que consideraban que Muñoz aproveitaba o atentado para facer publicidade do seu restaurante ou que trataba a traxedia de forma frívola.



Comentarios