Ana Obregón, molesta con Alessandro Lequio

A súa exparella contoulle ao fillo de ambos que ía ter un bebé, pero a ela ocultoullo. A actriz nega un suposto 'affaire' con Bertín Osborne
Ana Obregón y su hijo, Alejandro
photo_camera Ana Obregón y su hijo, Alejandro

Ana Obregón admitiu sentirse "moi doída e triste" cando se decatou de que a súa exparella Alessandro Lequio lle ocultou que ía ser pai de novo. Ao parecer, o colaborador de Telecinco comunicoulle a noticia ao fillo de ambos, Alejandro Lequio, a quen lle pediu que non llo comentase a súa nai.

"Paréceme unha noticia preciosa. O que me molestou é que non mo dixese Alessandro cando o soubo. É unha cuestión de formas", declarou Obregón nunha entrevista a Vanitatis, onde explicou que mantén moi boa relación co pai do seu fillo. "Falamos todos os días", asegurou.

Por esta razón, a reacción de Lequio pillouna por sorpresa. "Non entendín que non me dixesen nada para preservar a exclusiva", explicou a presentadora.

AVENTURA CON OSBORNE. Na entrevista, Obregón tamén desmentiu que tivese un affaire con Bertín Osborne, como el mesmo confesou na revista Pronto. "Di iso? Pois non me acordo", afirmou a actriz, que asegurou que a relación "debeu ser tan irrelevante que nin o recordo".

O presentador de En tu casa o en la mía admitiu que tivo unha aventura con Obregón semanas despois de entrevistala no seu programa. "Liámonos, pero foi cando tiñamos 22 anos!", declarou o cantante, intentando quitarlle ferro ao asunto.





Comentarios