Montero: "Non estaba borracha na entrega de premios, fun medicada"

A cantante vasca fala por vez primeira da polémica que protagonizou na cerimonia de Los 40 do 2009
Amaia Montero, exintegrante de La Oreja de Van Gogh
photo_camera Amaia Montero, exintegrante de La Oreja de Van Gogh

A solista vasca Amaia Montero sincerábase este martes co mediático Risto Mejide no seu rincón de pensar sobre a súa traxectoria musical e a súa vida privada. No programa negou estar baixo os efectos das drogas ou o alcol na comentada gala de Los 40 Principales na que fora premiada polo seu primeiro disco en solitario.

Segundo Amaia Montero, o seu aspecto adormecido no evento debeuse á toma de ansiolíticos para loitar contra os episodios de ansiedade e insomnio causados polo falecemento do seu pai. Sobre o consumo de drogas recalcou que, a pesar de que lle ofreceron cocaína en diversas ocasións ao longo da súa vida, nunca probara esta sustancia.

O presentador tamén lle preguntou acerca da ruptura co grupo da La Oreja de Van Gogh, de cal formou parte durante 11 anos ata que decidiu comezar a súa carreira como solista.

Respecto da súa vida sentimental, confesou que algúns dos seus temas musicais están dedicados ás súas antigas parellas sentimentais, especialmente a unha delas. Tamén falou da súa relación con Gonzalo Miró, sobre o cal se lle preguntou repetidas veces, afirmando que "só foi un mozo máis".

Risto Mejide tamén fixo alusión ao aumento de peso da cantante e preguntoulle se se atopaba a gusto co seu corpo, ao que Amaia Montero respondeu que desexaría estar máis delgada. "Son como un yoyó pero de sempre fun así. Ao longo da miña vida foi habitual subir e baixar de peso. Creo que ten que ver con cousas como a ansiedade. Non me atopo ben agora mesmo co meu corpo. Gustaríame estar un pouco mais delgadiña" confesaba ao entrevistador.

Máis vídeos en Antena3.

Comentarios