Alumnos de Melide, Vilalba e As Pontes, premiados nun concurso contra a violencia machista

No certame participaron alumnos de 5º e 6º de Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria (Eso) e de Bacharelato

Contra la violencia machista. JAVIER CERVERA
photo_camera Contra a violencia machista. JAVIER CERVERA

Alumnos de centros educativos de Melide, As Pontes e Vilalba foron premiados no concurso audiovisual organizado pola Xunta de Galicia con motivo do 25 de novembro, o Día Internacional contra a Violencia Machista.

No certame participaron alumnos de 5º e 6º de Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria (Eso) e de Bacharelato, cun total de medio centenar de centros educativos participantes de toda Galicia. Alumnos de Pontevedra, Sanxenxo, Cangas do Morrazo, Santiago e Ribeira tamén resultados galardoados.

En imaxe gráfica os primeiros premios recaeron no IES Moncho Valcarce das Pontes para a primeira categoría e no IES de Melide  a segunda. Os segundos premios desta categoría foron para o Ceip Monseivane de Vilalba e o IES Sánchez Cantón de Pontevedra.

No apartado de peza audiovisual, os primeiros premios foron para o IES Vilalonga de Sanxenxo e para o IES María Soliño de Cangas do Morrazo. Os segundos premios outorgáronse a escolares do Ceip Santiago Apóstolo, de Santiago de Compostela e o colexio Galaxia de Ribeira.

O concurso estaba dividido en dúas categorías: a primeira, para o alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria; e a segunda, para alumnado de 3ª e 4ª da Iso e 1º e 2º de Bacharelato.

FRASES EMOTIVAS. Ilustrando distintas imaxes contra os malos tratos os estudantes plasmaron frases tan emotivas como "todas as persoas somos iguais pero hai xente que non o quere entender", "no amor non hai ataduras", "non hai amor nos malos tratos" ou "acabemos coa tormenta, fagamos que salga o sol".

Comentarios