''Agora si imos falar de sexualidade como Deus manda''

O Obispado de Alcalá de Henares (Madrid) programou, entre as súas actividades de formación para o novo ano, un curso de sexualidade dirixido aos mozos, en cuxo cartel promocional o seminario anima aos rapaces a apuntarse co slogan "¡Agárrense muchachóns, porque agora si que imos falar de sexualidade como Deus manda!".

Esta iniciativa chega despois de que o Obispado sexa recentemente obxecto de críticas polas opinións manifestadas polo seu máximo representante, o prelado Juan Antonio Reig Pla, sobre a homosexualidade e as relacións de xénero, sendo denunciado o apasado abril pola Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais (FELGTB) por un delito de provocación "á discriminación e ao odio", despois de que o bispo de Alcalá criticase durante o Venres Santo a homosexualidade e o aborto, aos que levaban -segundo dixo- "a malicia do pecado" e o "engano".

Neses meses, transcendeu tamén a guía editada polo Obispado para "curar" a homosexualidade e que ofrecía, entre outras receitas, ler textos bíblicos contra os "pervertidos".

Comentarios