Agriden o ciclista Yohann Offredo cun mazo e un coitelo

Asaltárono mentres adestraba ►"Máis aló das lesións físicas, estou sacudido psicoloxicamente", declarou

O ciclista francés Yohann Offredo (Wanty Groupe Gobert), de 30 anos, resultou ferido tras ser agredido por uns descoñecidos cunha maza e un coitelo mentres adestraba no seu país, segundo informou o mesmo deportista a través da súa conta de Facebook.

Offredo asegurou que ten o nariz roto e hematomas en todo o corpo e que nunca imaxinou que tería que "arriscar a vida" para exercer a súa profesión.

"Hoxe fun agredido cun coitelo e unha maza mentres adestraba con dous amigos. O resultado é: nariz roto, o costado tocado e hematomas en todo o corpo. Pero, máis aló das lesións físicas, sinto sacudido psicoloxicamente", publicou o ciclista.

"Non estou enfadado, só estou triste porque xa non quero que os meus fillos practiquen este fantástico deporte, é demasiado perigoso", agregou.

Este accidente prodúcese dous días despois de que, en circunstancias completamente distintas, o ciclista italiano Michele Scarponi falecese tras ser arroiado por un camión mentres adestraba na rexión italiana Marcas.

Comentarios