Achan unha nova especie de homínido en Filipinas

O Homo Luzonensis viviu a nbsp;finais&do Pleistoceno, na illa de Luzón

photo_camera Pezas de ósos da nova especie Homo Luzonensis. NATURE

Fósiles achados nunha cova de Filipinas suxiren a existencia dun novo homínido que habitou a illa de Luzón durante finais do Pleistoceno, segundo un estudo divulgado este mércores pola revista Nature.

A publicación científica británica divulga o achado por un grupo de expertos do Museo de Historia Natural de París de varios ósos de pé e de mans, un anaco de fémur e dentes pertencentes a antigos homínidos na cova de Callao.

Eses fósiles proporcionan evidencias que apuntan á existencia dunha nova especie de strong <>homínido, que viviu na illa de Luzón durante o período tardío do Pleistoceno, fai máis de 50.0000 anos.

Segundo esa investigación, as probas atopadas que suxerían matanzas animais de fai 700.000 anos, así como o achado dun único óso de pé, que databa de fai 67.000 anos, suxeriran, previamente, que os homínidos estaban presentes na illa de Luzón.

Na mesma capa estratigráfica de Callao, os expertos Florent Détroit, Armand Mijares, Philip Piper e un grupo de colegas do museo francés atoparon outros doce ósos e dentes de polo menos tres individuos.

Segundo o equipo investigador, os novos especímenes presentaban características como rechamantes premolares, visiblemente diferentes dos atopados noutros homínidos, como o Homo Floresiensis, outro homínido das illas do sueste asiático.

Os autores nomearon á nova especie Homo Luzonensis, segundo recolle Nature.

A presenza doutras especies de homínido anteriormente descoñecidas nesa rexión pon de manifesto a importancia da illa do sueste asiático na evolución do Homo.

Comentarios