Abel Caballero, protagonista do 'anuncio' do Nadal de Antena 3

O alcalde vigués únese a Carmen Mola ou Matías Prats co seu "¡Viva Vigo!
Abel Caballero, en el spot de Antena 3. ANTENA3
photo_camera Abel Caballero, no spot de Antena 3. ANTENA3
A campaña de Nadal de Antena 3, promocionada co hashtag #SePuedeVenir..., que invita a un público dun perfil plural a escoller a canle para acompañar á familia durante as festas, canta coa participación dalgunhas personalidades que se atopan baixo o foco mediático do momento, entre as que figura o alcalde de Vigo, Abel Caballero. O rexedor vigués, quen xa se fixo un personaxe típico destas festas, incluso no ámbito estatal, únese así a un elenco de famosos, como os guionistas tras o pseudónimo Carmen Mola, o gañador do bote do programa Pasapalabra, Pablo Díaz, ou o mismísimo Matías Prats. ¿#SePuedeVenir… alcalde de Vigo, \abelcaballero ¡E que nos ilumine, que agora xa é de noite ás seis da tarde! pic.twitter.com/olFFg8qa3L<> — antena 3 (\antena3com) December 9, 2021 No anuncio, unha infinidade de personaxes abren a porta dunha casa, como invitados a pasar o Nadal coa familia, algúns deles son estereotipos que non poden faltar nas reunións destas datas, como o cuñado, ao que sempre lle toca o premio do roscón; personaxes colectivos, como os compañeiros de oficina, os do equipo fe waterpolo, ou un trío de drag queens, que responden a quen as chama as 'Raíñas Meigas'; ou algunhas caras coñecidas como as xa citadas. Caballero aparece, como non, rodeado de luces do Nadal e acéndeas mentres di: "Empeza o Nadal no planeta. ¡Viva Vigo!"

Comentarios