Ao nivel da mandíbula

O corte shag xs é o que estabas a buscar para un cambio de look que achegue vitalidade ao teu rostro

Irina Shayk. AEP
photo_camera Irina Shayk. AEP

A ACTRIZ EMMA ROBBERTS sorprendeu cun corte de pelo que lle realizou Chris McMillan cando este subiu unha imaxe a Instagram. Unha melena "xs" á altura perfecta para lucila curta e con movemento, enmarcando os trazos.

Se queres conseguir este look, para explicarllo no teu salón de peiteado de confianza, queda con este nome: shag xs, unha melena moi curta, que termina cun desfilado nas puntas.

Para conseguir un resultado máis impactante pódeste atrever con louros intensos, frescos e puros, que partan dunha base moi clara como os levan a propia Emma Robberts ou a cantante Taylor Swift.

¿Como peitealo en casa? Pois esta é unha das vantaxes deste corte, xa que as capas danlle vitalidade ao xeito, que só precisaría toques de sérum para hidratarlo e darlle algo de volume.

O FLEQUILLO. Este pode ser un gran aliado para enmarcar aínda máis o rostro, a parte do corte ao nivel de mandíbula. É importante coñecer o efecto que se quere provocar cos trazos da cara.

No caso de Taylor Swift, tamén o flequillo está desfilado en capas. É un peiteado que, unido a un louro intenso, achega un toque máis rockeiro ao look.

Todo o contrario ao efecto nos rostros das modelos Karlie Kloss e Irina Shayk. A primeira, cunha base en ton castaño claro e cun flequillo ladeado discreto, logra un toque xuvenil e coqueto. No caso de Irina, o corte do flequillo recto enmarca aínda máis a súa mirada e a caída do cabelo acentúa a forma do seu rostro.

Comentarios