O mítico extraterrestre 'Alf' prepárase para volver á Terra

Warner Bross decidíu resucitar a 'Alf' para traero de novo á televisión

Alf regresará a la televisión con Warner Bross. INTERNET
photo_camera Alf regresará á televisión con Warner Bross. INTERNET

Warner Bross quenta motores para resucitar a un dos alieníxenas máis famosos da televisión, segundo informa Variety. A noticia abriu múltiples incógnitas como, por exemplo, se manterá a esencia oitenteira da serie. O que xa se sabe con certeza é que se tratará dun remake-continuación da serie.

O remake de 'Alf' atópase nas primeiras fases de desenvolvemento e non se coñece a ningún guionista asociado ao proxecto. Isto non impide que xa se escoiten as primeiras hipóteses sobre a volta de 'Alf'. O remake podería narrar como o extraterrestre escapa do Área 51, onde permanece cativo desde o final da serie orixinal, e a súa volta á Terra xunto a unha nova familia, con quen podería ver canto cambiaron as cousas nas últimas tres décadas. 

Segundo 'The Hollywood Reporter', os creadores orixinais de 'Alf', Tom Patchett e Paul Fusco, están involucrados no proceso de creación da nova serie, pero non está claro se xogarán un papel importante na serie ou se só se trata dun asesoramento preliminar para manter a esencia do orixinal. 

Comentarios