Un 37% das mulleres afirma sufrir 'baby blues' tras o parto

Trátase dun sentimento de tristeza posnatal que atende a múltiples como cambios fisiológicos ou hormonais â?? Cinco de cada 10 nais afirman non haberse sentido apoiadas á hora de superar este proceso
Si normalmente sobran razones para cuidar nuestra alimentación, durante el embarazo más ya que la salud de nuestro bebé depende de lo que comamos
photo_camera Una mujer embarazada. EP

Un dos momentos que máis cambios introduce na vida das persoas é o de converterse en pais. O nacemento dun fillo trae consigo cambios a todos os niveis, que van desde aqueles que son facilmente observables, como os hábitos ou as rutinas diarias, ata os que non se poden ver, como as sensacións ou sentimentos

Nestlé quixo dar un paso máis aló ao redor desta cuestión e realizou o primeiro estudo que analiza como senten e como perciben a crianza dos seus fillos os homes e mulleres que acaban de ser pais. 

Os datos recavados neste estudo revelan que o 37% das mulleres sufriu o denominado 'baby blues', que se trata dun sentimento de tristeza posnatal., debido a múltiples causas tanto fisiológicas como psicolóxicas. Estes datos sitúan a España como o cuarto país con maior índice dos países analizados, que foron China, EE.UU e Reino Unido. 

Así mesmo, esta cuestión vai un paso máis aló, e o estudo revela que tristeza súmase a soidade, posto que o 44% dos enquisados afirma non ter axuda para superar o transo de pasar por unha etapa de 'baby blues', o que supón un aumento de 20 puntos en relación ao media xeneral. 

Ao realizar unha disgregación por sexos, observamos que son as mulleres quen máis botan en falta esta axuda, xa que un 54% confiensa non contar con ningún soporte que lle axudase a sobreporse.

O que se deduce desta investigación, é que padecer 'baby blues' está ligado co sentimento de soidade, que pola súa banda afecta a un amplo número de novas familias a nivel mundial. España nesta cuestión ofrece datos máis positivos que a media, xa que a porcentaxe de novos pais e nais que senten sos sitúase no 20% fronte ao 32% xeneral.  

Comentarios