Este é o disfrace para Halloween que está a arrasar

Unha tenda de Ponteareas está a despachalo a clientes españois e europeos
El Juego del Calamar. NETFLIX
photo_camera El Juego del Calamar. NETFLIX

Se o ano pasado foron miles as persoas que en entroido escolleron un disfrace do famoso xoguete erótico Satisfayer, este ano a tendencia para Haloween é o disfrace dos personaxes da serie televisiva de moda El Juego del Calamar, das que unha tenda de Ponteareas despachou a clientes españois e europeos en apenas unha semana 1.200 unidades.

“En canto vimos o fenómeno da serie puxémonos a traballar co obxectivo de ter o disfrace para Halloween e, grazas á rapidez do equipo e a poder fabricalo en España, poucos días despois estaban as primeiras unidades na nosa web. Nada máis sacalo á venda recibimos uns 200 pedidos por día, algo que non viramos antes con ningún outro disfrace”, dixo Roberto Domínguez, fundador e xerente de Don Disfraz.

Ver máis: ¿Atreveríasche a participar en 'El Juego del Calamar' en versión real?

“Ata a data enviamos máis de 3.000 unidades a toda Europa e poderían ser máis xa que cada vez que repomos stock esgótase”, engadiu o xerente da tenda que posúe o almacén de disfraces máis grande de España.

Co paulatino levantamento das restricións impostas pola pandemia, as cifras de vendas disparáronse e actualmente case duplican ás de prepandemia por estas datas, polo menos en Don Disfrace.

“As perspectivas son boas. Parece que aos poucos estamos a recuperar a normalidade e a xente ten ganas de celebrar. Polo que observamos nos nosos clientes a situación é común en toda Europa e, se seguimos a este ritmo, contamos con pechar a campaña con mellores cifras que en 2019”, sinalou a Efe Domínguez.

Ver máis: Alarma nun colexio de Madrid ao detectar actitudes vinculadas a 'El Juego del Calamar'

Ademais do Xogo da Lura os disfraces de Harley Quinn, o boneco Chucky, Cazafantasmas ou o Pallaso IT sitúanse entre os máis buscados para este Halloween, onde non faltan disfraces máis clásicos como os de esqueleto, murciélago ou cabaza.

Comentarios