miércoles. 19.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 19.01.2022
El tiempo

A Xunta mellora o firme da vía de Bóveda ao Incio con 280.000 euros

Visita en O Incio a las obras de la carretera LU-644. EP
Visita en O Incio a las obras de la carretera LU-644. EP
A actuación beneficiou a un tramo de dez quilómetros da estrada LU-644

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade investiu 285.000 euros na rehabilitación do pavimento da estrada LU-644, que comunica as localidades de Rubián, no municipio de Bóveda, coa Cruz do Incio. Os traballos, que afectaron a un tramo de dez quilómetros, xa se atopan finalizados.

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, comprobou este mércores o resultado das obras nunha visita na que estivo acompañado polo alcalde do Incio, Héctor Corujo, e técnicos.

Os traballos de rehabilitación do firme levaron a cabo entre os puntos quilométricos 0,880 e 10,990, tal e como informou o responsable autonómico. Executáronse durante o último mes, con cargo ao contrato de conservación común e viabilidade invernal da zona sur. Segundo explicaron desde a Xunta, as obras consistiron na mellora da capa de rodaxe mediante a execución dun microaglomerado en frío e o posterior repintado da sinalización horizontal.

Desta forma, coa actuación, melloráronse as condicións de adherencia do pavimento, a visibilidade e a seguridade da vía en xeral, sinalou a Administración autonómica.

O delegado territorial destacou que a Xunta de Galicia realiza un labor constante de mantemento da rede viaria da súa titularidade co "fin de proporcionarlles unhas estradas máis seguras e cómodas aos cidadáns".

A estrada LU-644 xa foi sometida a finais do pasado ano a outros traballos para mellorar a seguridade de condutores e viandantes. Entón instaláronse tres pasos de peóns sobreelevados nos núcleos de Laiosa e A Cruz do Incio para obrigar así a reducir a velocidade dos vehículos.

A Xunta mellora o firme da vía de Bóveda ao Incio con 280.000 euros
comentarios