A Xunta limita a 40 a velocidade no centro urbano de Samos

Samos. PORTO
photo_camera Novos sinais en Samos. PORTO

A Xunta de Galicia limitou a velocidade no centro urbano de Samos a 40 quilómetros por hora, dando resposta así a unha petición da Asociación de Comerciantes e Artesáns deste municipio.

Entre outras medidas, a administración autonómica instalou tamén sinalización vertical nos pasos de peóns, ademais de autorizar bandas sonoras.

O presidente da asociación e portavoz do PP, José Fernández, agradeceu a colaboración nestas materias de seguridade por parte da Xunta.

O colectivo acordou xa o pasado ano solicitar bandas reductoras da velocidade na avenida de Compostela e a Rúa Fontao, ademais do pintado dos pasos de peóns e a limitación da velocidade no centro urbano.

A Consellería de Infraestruturas dedicou 81.000 euros a melloras na seguridade viaria en Samos, nas que se inclúe a renovación do pavimento en varios tramos da estrada.

Comentarios