A Xunta licita obras por case 1,5 millóns no Ceip Frei Luis de Granada de Sarria

Inclúen unha reparación das gretas detectadas no ximnasio e unha mellora dos accesos e puntos de evacuación 
2020013014194032062
photo_camera O Colexio, apuntalado. PORTO

A Xunta licitou este luns obras por case 1,5 millóns de euros para restaurar o Ceip Frei Luis de Granada de Sarria cuxos alumnos foron evacuados meses atrás ao aparecer gretas nas paredes do edificio.

A Consellería de Educación licitou o concurso público para as obras do colexio, que inclúen un reforzo estrutural e unaa mellora dela eficiencia enerxética, sinala a Xunta nun comunicado.

Os informes técnicos sobre o edificio "avalan a súa capacidade portante", segundo o citado departamento da Xunta, aínda que indica, con todo, a intención de efectuar un "reforzo estrutural que minimize a aparición de fisuras" nas paredes do edificio, engade a nota.

Ademais, debido á antigüidade da construción, o proxecto tamén prevé mellorar a eficiencia enerxética, incluído o illamento da fachada, substituír fiestras e renovar a iluminación con luces led.

As obras inclúe unha reparación das gretas detectadas no ximnasio e unha mellora dos accesos e puntos de evacuación do edificio, ademais dunha nova infraestrutura de comunicacións.

As tarefas deberían comezar este verán e prolongarse durante sete meses, indica a Xunta.

Comentarios