A Xunta inviste 27.000 euros nun parque infantil en Vila de Mouros

As instalacións dispoñen de diferentes xogos, como randeeiras e unha tirolina de 30 metros de lonxitude
Visita del delegado de la Xunta, Javier Arias, a un parque infantil en Vila de Mouros (O Incio). EP
photo_camera Visita ao parque infantil en Vila de Mouros. EP

A Xunta de Galicia investiu 27.000 euros nun parque infantil en Vila de Mouros (O Incio), espazo que alberga diferentes xogos, como randeeiras e unha tirolina de 30 metros de lonxitude.

No chan colocouse un pavimento especial para amortecer as posibles caídas dos pequenos

Esta zona de xogos complementa o equipamento que xa existía na contorna do local social existente no lugar do Barrio, onde tamén hai un parque biosaludable orientado a persoas maiores e unha pista multideporte.

As instalacións foron visitadas polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, quen destacou o emprego dos recursos públicos "de forma eficiente para impulsar proxectos que respondan ás necesidades específicas de cada territorio". O responsable autonómico estivo acompañado polo alcalde do Incio, Héctor Corujo.

Comentarios