A Xunta imparte no Incio un curso para voluntarios de Protección Civil

Participan alumnos deste concello, Chantada, O Saviñao, Sarria e Cervantes
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Participantes no curso que comezou no multiusos do Incio. EP

Persoal de Protección Civil comezou este mércores no Incio un curso de formación básica promovido pola Xunta e no que participan 23 voluntarios de novo ingreso procedentes das agrupacións deste municipio e dos de Chantada, O Saviñao, Sarria e Cervantes.

Este curso impartirase ata o día 3 de abril no edificio multiusos co obxectivo de facilitarlle ao novo persoal a formación necesaria para desenvolver as funcións propias destes equipos de emerxencias.

Segundo informou a delegación territorial da Xunta en Lugo, esta actividade inclúe contidos relacionados cos riscos, os accidentes e a autoprotección, a loita contra os incendios, as comunicacións e as actuacións básicas ante emerxencias médicas e un módulo sobre igualdade de oportunidade.

A Academia Galega de Seguridade Pública, dependente da Consellería de Presidencia, programa outros dous cursos en Chantada (do 13 ao 23 de abril) e en Lugo (do 25 ao 29 de maio). Ademais, oferta formación sobre desfibrilación semiautomática no Incio (9 de abril), O Saviñao (día 30), Vilalba (21 de maio) e Lugo (4 de xuño).

Comentarios