A Xunta destina 35.000 euros a repor parte do tellado da igrexa de Trascastro

A cuberta sufriu un derrube no presbiterio en marzo do pasado ano
Iglesia de Trascastro (O Incio). PORTO
photo_camera Igrexa de Trascastro (O Incio). PORTO

A Consellería de Cultura e Turismo destina 34.987 euros a repor a cuberta do presbiterio da igrexa da parroquia de Trascastro (O Incio). En marzo do pasado ano o templo sufriu o derrube desa parte do tellado.

A administración autonómica saca a licitación estas obras, que terán un prazo de execución de dous meses. Consistirán na colocación dun novo establecido de madeira de castiñeiro e da cuberta de lousa tradicional.

O Obispado de Lugo levou a cabo recentemente a consolidación dos muros do presbiterio para evitar unha maior deterioración, o que permite agora executar o novo tellado sobre estes con garantías de seguridade. Con estas novas obras a Consellería de Cultura pretende impedir que os axentes atmosféricos causen danos no interior da igrexa e nos propios muros.

Comentarios