As residencias, sen covid ao resultar ser un falso positivo o de Sarria

O único ancián que figuraba como contaxiado deu negativo no test serológico
Residencia de Sarria. AEP
photo_camera Residencia de Sarria. AEP

O balance de casos activos de covid-19 entre os usuarios das residencias de Galicia volveuse a quedar baleiro. A Consellería de Política Social confirmou este domingo que o único ancián que figuraba como contaxiado, no xeriátrico Nosa Señora do Carme de Sarria, tratábase dun falso positivo

Deste xeito, segundo confirman a Europa Press fontes deste mesmo departamento da Xunta, actualmente só consta —desde hai unha semana— que haxa unha traballadora contaxiada neste mesmo centro. De feito, engaden as mesmas fontes, estaba vacinada e é asintomática. 

Ao coñecerse o positivo desta empregada, a inicios desta semana realizouse un cribado neste xeriátrico, que arroxou que había un ancián contaxiado.&

Con todo, a proba serológica terminou por confirmar que se trataba dun falso positivo, polo que as residencias de Galicia mantéñense sen casos de covid-19 entre os seus usuarios desde o 16 de maio, día en que a Xunta informaba do alta de strong<> cinco maiores de DomusVi Chantada.

Ese brote en Chantada rompera 14 días consecutivos sen casos activos nestes centros de maiores, desde que o 16 de abril deuse de alta ao último traballador infectado. No caso dos usuarios, habería que remontarse máis atrás para os últimos contagios, vinculados ao brote da residencia Coviastec de Silleda (Pontevedra) de mediados de marzo. 

Comentarios