lunes. 03.08.2020 |
El tiempo
lunes. 03.08.2020
El tiempo

O xulgado arquiva a causa aberta en 2012 contra a exedila Patricia Castro

Patricia Castro, acompañada dun avogado, nunha das comparencias que fixo no xulgado.
Patricia Castro, acompañada dun avogado, nunha das comparencias que fixo no xulgado.
A exconcelleira sarriá foi investigada por presuntos delitos de estafa, insolvencia punible
e contra o patrimonio histórico por mor das obras dunha urbanización en Cimo da Agra

O xulgado de Sarria decretou o arquivo da causa aberta no ano 2012 contra a entón concelleira do PP e membro do grupo de goberno Patricia Castro Tejada por presuntos delitos de estafa, insolvencia punible e contra o patrimonio histórico en relación coas obras dunha urbanización en Cimo da Agra.

O auto de sobresemento destas dilixencias sinala que "non resultou posible obter elementos suficientes que acrediten a comisión do feito típico e antijurídico que é obxecto da investigación, sen que quede xa que logo determinada nin a súa natureza nin a participación nos feitos".

En consecuencia, o xuíz decreta o arquivo da causa por inexistencia "de elementos bastantes que corroboren a comisión do feito" e dado o lapso temporal (oito anos) "que estiveron tramitándose as presentes dilixencias sen obter un resultado claro".

En 2015, o xulgado xa acordara o sobresemento provisional de parte das actuacións e, segundo a afectada, con este novo auto "queda todo pechado".

O procedemento iniciouse tras a denuncia duns veciños que, en 2009, contrataron a compra dun dos chalés de Cimo da Agra á empresa do marido da exconcelleira e da cal era asesora fiscal, e aseguraron sentirse "enganados" por carecer a vivenda de certificado de fin de obra e licenza de primeira utilización.

Tamén se investigou un presunto delito de insolvencia punible relacionado coas sociedades vinculadas a esta urbanización e outro contra o patrimonio histórico por unhas obras de saneamento para os chalés executadas presuntamente sen licenza en zona de influencia do Camiño Francés.

Patricia Castro, que naqueles momentos tiña responsabilidades de goberno, primeiro como concelaja de obras e logo de servizos sociais, tamén foi imputada no seu día por un delito de desobediencia á orde do Concello de paralización duns traballos nun chalé da súa propiedade na mesma urbanización por non axustarse á licenza. Aquel caso foi igualmente arquivado polo xulgado no ano 2013.

O xulgado arquiva a causa aberta en 2012 contra a exedila Patricia...
comentarios