Os World Cheese Awards premian un queixo tetilla que se elabora en Sarria

O produto de Queserías Sarrianas recibiu unha das maiores distincións nun certame celebrado en Italia
El queso ganador. EP
photo_camera O queixo gañador. EP

Un queixo tetilla elaborado por Queserías Sarrianas resultou premiado cunha das maiores distincións que se conceden dentro do World Cheese Awards, un prestixioso certame que nesta edición se celebrou na localidade italiana de Bérgamo.

Máis de 3.800 partidas de queixo, procedentes de empresas de 42 países, foron cualificados dentro deste concurso, con 32 anos de tradición ás súas costas.

Entre elas, o xurado outorgou un premio Super Ouro ao queixo tetilla denominación de orixe protexida Quesar que produce esta firma sarriá con leite pasteurizada de vaca e cunha maduración mínima de sete días.

Segundo informa na súa páxina web, trátase dun queixo de pasta "branda, mantecosa, con poucos ollos", o cal se comercializa en pezas cónicas duns 900 gramos aproximadamente e en caixas de seis unidades.

Outros sete queixos fabricados por empresas da provincia de Lugo e As Pontes obtiveron medallas

Desde Queserías Sarrianas mostraron a súa satisfacción por esta distinción, que vén ser un selo de garantía recoñecido a nivel internacional procedente dun certame autenticamente global dedicado ao queixo", sinalaron.

Ademais, quixeron agradecer e compartir o premio con todos os clientes, gandeiros que producen a materia prima e traballadores da empresa, fundada en 2003.

Non é a primeira vez que Quesarías Sarrianas obtén unha mención nos World Cheese Awards, onde tamén foi recoñecido nos dous últimos anos o seu queixo curado de ovella, nunha ocasión cunha prata e noutra cun bronce. Ademais, en 2014 o queixo de tetilla logrou, de igual modo, un dos premios do certame.

Na edición deste ano fixéronse con medallas outros sete queixos fabricados por empresas da provincia de Lugo e As Pontes, que conseguiron un total de tres ouros e catro bronces. Pertencen ás produtoras Cas Leiras, Don Crisanto, Atelier Bisqato e Queserías del Eume, asentadas en Vilalba, Guitiriz e As Pontes.

Comentarios