A vivenda natal de Ramón Piñeiro en Armea atópase á venda

O intelectual, ao que se lle dedicou hai doce anos o Día das Letras Galegas, naceu en 1915 neste núcleo lancarés
Casa natal de Ramón Piñeiro en Armea, Láncara. EP
photo_camera Casa natal de Ramón Piñeiro en Armea, Láncara. EP

A vivenda natal do intelectual Ramón Piñeiro, en Armea (Láncara), atópase á venda.

Residiu na súa infancia nesta casa de pedra, que consta doutras construcións, como alpendres e cortello. O inmoble, con tres habitacións, ten unha superficie de 275 metros cadrados construídos e levántase nun terreo de 13.300 metros. En dous portais inmobiliarios figura á venda por 151.000 euros.

Nesta casa viviu ata hai uns anos unha das irmás do intelectual, o cal naceu en 1915 en Armea. Sobre os 9 anos de idade Piñeiro instalouse coa súa nai e irmás en Lugo, onde continuaría a súa formación.

Ao autor dedicóuselle en 2009 o Día das Letras Galegas, xornada que se celebrou cun acto no municipio lancarés. Ademais, a asociación Val de Láncara creou un premio que leva o seu nome, co que homenaxea cada edición a persoas ou entidades que traballan a favor da cultura galega.

Comentarios