lunes. 17.01.2022 |
El tiempo
lunes. 17.01.2022
El tiempo

Sogama informa a 25 familias do municipio do Incio sobre compostaxe

Compostero. EP
Un composteiro como o que recibirán os veciños do Incio. EP
A entidade celebra este xoves un curso no consistorio e fai entrega de composteiros

Sogama ofrece este xoves no consistorio do Incio un curso para formar 25 familias do municipio na compostaxe, que se inscribiron previamente.

O Concello adheriuse recentemente ao programa de compostaxe doméstica levado a cabo pola entidade. A través desta iniciativa Sogama fará entrega aos participantes de depósitos de 390 litros para que poidan facer o seu propio abono.

Ademais, este xoves un técnico da compañía formaraos sobre a operativa para obter un compost de alta calidade que cumpra con todos os requisitos esixidos pola normativa vixente e poida ser aplicado na agricultura coas máximas garantías e sen restricións.

O especialista informaraos sobre a localización do composteiro (debe estar no exterior da vivenda, nunha zona protexida das inclemencias meteorolóxicas e en contacto directo coa terra). Ademais, explicará aos veciños os materiais que deben ou non depositar no recipiente e o control de parámetros como o osíxeno, a temperatura e a humidade.

Sogama informa a 25 familias do municipio do Incio sobre compostaxe
comentarios