Á venda os últimos 200 abonos do Esmorga

Celebrarase os días 15 e 16 de marzo en Sarria

Una de las actuaciones del Esmorga Fest. EP
photo_camera Unha das actuacións do Esmorga Fest de 2018. EP

O festival Esmorga Fest, que se celebrará en Sarria os días 15 e 16 deste mes, ten á venda os últimos 200 abonos, segundo a organización.

Na súa quinta edición contará con diversos grupos, como Carolina Durante, Toundra, Lagartija Nick, Can, Za!, Sierra, Ánteros, Voltaica e El Lado Oscuro de la Broca, entre outros. As actuacións celebraranse na sociedade recreativa A Unión e a discoteca Litmar.

Os abonos para gozar destes concertos atópanse á venda por 25 euros na páxina web do Esmorga Fest. No caso de que non se esgoten, as entradas tamén se poderán comprar no despacho de billetes por un prezo de 30 euros.

O certame é promovido pola asociación Esmorgart, desde a que quixeron mostrar o seu agradecemento a todas as persoas que adquiriron os abonos pola "súa confianza e facer posible este evento ano tras ano, xa que sen público isto non sería posible", sinalaron.

Comentarios