Vinte e seis comercios de Sarria celebran un outlet cunha grande acollida

A iniciativa, que comezou o xoves, finaliza este sábado
undefined
photo_camera Clientes nun comercio participante no outlet de Sarria. PORTO

A sétima edición do outlet de inverno, que promove a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria (Aces), está a ter unha grande acollida por parte dos clientes que aproveitan estes días de importantes descontos en 26 establecementos da vila.

A iniciativa comezou o xoves e finaliza este sábado. A pesar de que na primeira xornada a meteoroloxía non acompañou e por mor da choiva non puideron sacar moitos artigos á rúa, houbo unha boa afluencia de público, explicaron desde negocios.

Os clientes puideron atopar produtos con grandes descontos, como ao 70 ou 80%, pero incluso algúns se achegaron ao 90%. "Aproveitan para comprar cousas para ou inverno que vén", indicou a traballadora dunha tenda. Con todo, non só se interesan polos produtos de outlet, tamén polos de nova tempada, apuntou outro comerciante.

Aqueles que aínda non se puideron achegar aos negocios teñen este sábado unha última oportunidade. Os establecementos participantes son: 1,2,3 Escondite Inglés, Ara Moda, Atmósfera Sport, Barja Shoes, Bicos de Fío, Cactus Rose, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Colorín Colorado, Cris Abad, Dimar Moda, Duet Moda, Isabel Moda, Joyería Salgado, Lar de Menchu, Mercería Lucía, Mercería Sarillo, MicSport Sarria, Moncho Moda, Peregrinoteca, Sabrina Moda, Senayo, Trece Tablas, Ultreia, Vilamey Complementos e Zaida.

Comentarios