Veciños do Incio preparan un acto de apoio a traballadores e usuarios da residencia

Os organizadores desta iniciativa din que a súa intención é que "sexa un xesto de agarimo e a mostra da unión dun pobo que loita xunto"

Exterior de la residencia de O Incio. AEP
photo_camera Exterior da residencia do Incio. AEP

Vecinos do Incio, coa colaboración do Concello, están a preparar un acto de apoio "aos traballadores e usuarios da residencia", que se celebrará este sábado -día 19 de setembro-, para darlle "ánimos tanto" ao persoal como "a todos os usuarios" ante "estes momentos complicados que están a sufrir".

O acto consistirá nunha concentración de veciños fronte á residencia, no transcurso da cal a escritora Marica Campo "fará lectura dun texto de alento", seguida dun sonoro "aplauso" para que o poidan escoitar todos os usuarios e traballadores do centro de maiores.

Os organizadores desta iniciativa din que a súa intención é que "sexa un xesto de agarimo e a mostra da unión dun pobo que loita xunto", porque residentes e traballadores "contan co apoio e o agarimo de todos".

Pola súa banda, o goberno local ha valorado esta iniciativa como "moi positiva".

Na residencia do Incio, intervida desde finais de agosto pola Xunta de Galicia, un dos usuarios que dera positivo por Covid-19 recibiu a alta, de modo que neste momento o número de casos activos queda en 58.

Tamén hai 36 traballadores do cadro de persoal dese centro infectados.

O domingo falecía un home de 77 anos afectado por coronavirus que era usuario desta residencia, de modo que son 21 as vítimas mortais que se cobrou o brote detectado nese xeriátrico desde finais de agosto. 

Comentarios