lunes. 19.10.2020 |
El tiempo
lunes. 19.10.2020
El tiempo

Vecinos de Barbadelo paran unha obra xunto ao albergue público

Traballos xunto ao albergue público da parroquia de Barbadelo.
Traballos xunto ao albergue público da parroquia de Barbadelo.
Chaman á Garda Civil e ao notario polos traballos dunha fosa séptica no campo da festa, que finalmente se fará na vía pública

Un grupo de veciños de de Barbadelo (Sarria) paralizou unha obra xunto ao albergue público tras requirir a presenza da Garda Civil e do notario da vila ao entender que afectaba o campo da festa, propiedade da parroquia.

Os traballos en cuestión comezaron esta semana co fin de construír unha fosa séptica que completase a mellora realizada neste albergue por parte da Xunta. O pasado mércores presentáronse no lugar varios veciños, asegurando que a actuación se realizaba en parte dunha leira da parroquia e que esta non dera permiso, tras o cal chamaron ao notario para que levantase acta e á Garda Civil para que recollese tamén a súa denuncia. "Pretendíase meter a fosa séptica nunha leira privada", dixeron.

A empresa que realizaba os traballos tiña licenza pero, tras a oposición xurdida, buscouse unha alternativa. O Concello de Sarria, "ante o interese público da obra" que dará servizo a un albergue de peregrinos, comunicou que facilitará que se realice a fosa séptica na vía pública, de modo que os traballos previsiblemente retomaranse nos próximos días.

Desde hai case unha década, o campo da festa de Barbadelo está envolvido nunha controversia da que se desvincula parte da parroquia, que descoñecía a paralización desta actuación.

En 2011 os veciños rexistraron a propiedade destes terreos, así como do palco, tras unha polémica por unhas obras de remodelación que a administración pública proxectaba nesta contorna.

Recentemente tamén se incluíu o palco de Barbadelo nun proxecto para combater o feísmo no Camiño Francés, expóndose a súa demolición con fondos públicos polo seu estado de deterioración para acondicionar a zona. A obra non saíu adiante porque os veciños non autorizaron que se derrubase esta construción.

Vecinos de Barbadelo paran unha obra xunto ao albergue público
comentarios