A veciña do Páramo Alicia Díaz Fernández cumpre cen anos

O Concello obsequiou cun cadro e un ramo de flores á muller, que pasa a ser unha das tres centenarias do municipio
Centenario de la paramesa Alicia Díaz
photo_camera Alicia Díaz, xunto a membros da súa familia e representantes do Concello. EP

A paramesa Alicia Díaz Fernández, natural da Costa, na parroquia de Santa María de Gondrame, e veciña de San Vicente, cumpriu o venres cen anos, pasando a ser unha das tres centenarias residentes neste municipio.

En tan sinalada data recibiu a visita do alcalde, José Luís López, e dous concelleiros, que lle entregaron un cadro e un ramo de flores en nome do Concello.

Alicia Díaz tivo cinco fillos, que lle deron oito netos e seis bisnetos. A muller, que dedicou a súa vida ás labores do campo e do fogar, reside co seu fillo Manuel, a súa nora e unha neta, nunha vivenda moi próxima á doutro dos seus netos, a súa esposa e o fillo de ambos.

Comentarios