Jueves. 15.11.2018 |
El tiempo
Jueves. 15.11.2018
El tiempo

Varias cámaras estudarán desde mañá o tráfico na localidade de Sarria

A medida forma parte dun estudo que busca dar máis fluidez a vehículos e peóns

SARRIA. A empresa encargada da creación dun plan de mobilidade para Sarria, Tec Arquitectos, instalará este mércores cámaras en distintos puntos da vila para a medición e seguimento do tráfico.

Os puntos a estudar, segundo informou a concelleira de urbanismo, Silvia Vázquez, serán as cruces de Catro Camiños, A Ciguñeira e A Avenida. Tamén se colocarán as cámaras nas interseccións da Avenida de Becerreá con Calvo Sotelo, Rúa Formigueiros con Matías Lopez e rúa José Antonio con Calvo Sotelo, así como na zona dos colexios, de San Lázaro e da Pontevella.

O plan busca dar maior fluidez á circulación e axudará aos peóns, segundo aseguraron desde a empresa. O proxecto conta cun orzamento de 8.000 euros financiados a través do plan único da Deputación Provincial de 2017, polo que se deberá terminar este ano.

Ademais, dentro do proxecto, contabilizaranse as prazas de estacionamento. Estas medidas forman parte dun plan de actuación que proporá unhas directrices aplicables a medio e longo prazo.

Varias cámaras estudarán desde mañá o tráfico na localidade de Sarria
Comentarios