Catro usuarios do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Sarria dan positivo

O brote detectouse a raíz do caso dunha empregada. O CAPD realizou PCR ao resto de residentes e traballadores e todos deron negativo
El CAPD de Sarria. PORTO
photo_camera O CAPD de Sarria. AEP

Catro usuarios do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Sarria deron positivo en coronavirus. Todos eles, que se atopaban vacinados, están asintomáticos e illados.

O pasado día 8 realizouse un cribado entre os traballadores, detectándose un caso dunha empregada. Por mor diso o 14 practicáronse probas aos residentes do módulo no que ela se atopa e saíron tres positivos de residentes. Nun control periódico entre usuarios descubriuse un cuarto caso a través dun test de antígenos.

Ante estes positivos o CAPD levou a cabo o pasado día 16 probas a 265 persoas, entre residentes e traballadores, dando todos negativo.

Os catro usuarios contaxiados será sometidos a unha nova proba PCR o vindeiro luns, día 26, e esperan que xa sexan dados de alta.

Comentarios