
A persoa que conducía resultou ferida
Unha persoa resultou ferida este xoves nun accidente de tráfico rexistrado na LU-546 á altura do Incio.
Segundo informa a Garda Civil de Tráfico, o turismo saíuse da vía á altura do punto quilométrico 34,950 e acabou envorcado na beiravía. O accidente rexistrouse ao redor das 08.30 horas.
Ata o lugar desprazouse unha patrulla da Garda Civil de Tráfico